Skip to main content

Quen somos

Os nosos obxectivos

Os Concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces xuntámonos para desenvolver diversas accións encamiñadas a acadar os seguintes obxectivos:
  • Consolidar a recuperación do Entroido da Ulla como elemento singular do noso patrimonio cultural.
  • Dinamizar o turismo do territorio coa posta en valor do Entroido como eixe vertebrador do mesmo, explotando a súa capacidade de atracción e convertíndoo nun atractivo turístico de primeiro orde nas datas do entroido galego.
  • Desenvolver unha campaña de promoción conxunta.
  • Acadar a Declaración de Festa de Galicia de Interese Turístico para o Entroido da Ulla.
  • Facilitar un espazo de mostra, encontro e reflexión entorno á temática do Entroido da Ulla.
  • Favorecer as situacións e actividades interxeracionais, culturais e etnográficas da zona, potenciando a interacción da poboación local cos visitantes.

Coa colaboración de:

Síguenos en redes