Que visitar

 

A Ulla é unha comarca natural galega situada na zona central de Galicia. O río Ulla, polo seu caudal o segundo de Galicia, rico en troitas e salmóns, articula esta bela comarca, dominada pola silueta do monte Pico Sacro, o cumio máis mítico de Galicia.
Ademais de Santiago de Compostela, Cidade Patrimonio da Humanidade, nela están os belísimos pazos de Santa Cruz de Ribadulla e de Oca, cuxos xardíns, históricos e artísticos, figuran entre os máis destacables de España.

Pero hai moito máis. A paisaxe de montes e vales sucado de sendeiros, a súa frondosa vexetación e os seus antigos monumentos fan dela un territorio de altísimo interese.

Que visitar gran Que visitar no concello da Estrada
boqueixon Que visitar no concello de Boqueixón
santiago Que visitar no concello de Santiago de Compostela
silleda q visitar Que visitar no concello de Silleda
teo Que visitar no concello de  Teo
touro2 Que visitar no concello de Touro
vedra Que visitar no concello de Vedra
cruces qvisitar Que visitar no concello de Vila de Cruces