Onde comer

 

Onde comer granTradicionalmente considerada a horta de Compostela, a comarca da Ulla  exemplifica toda a tradición e riqueza gastronómica dunha cociña, a galega, admirada pola soberbia calidade dos seus ingredientes, na que teñen cabida desde o máis tradicional ata o máis innovador. Por iso a gastronomía é sen dúbida un dos principais atractivos desta zona, produtora ademais de viños albariños incluídos dentro da denominación de orixe Rías Baixas.

 

 

 

Gastronomía do Entroido

CocidoAndeadeNa gastronomía, o Entroido é por excelencia o tempo da carne. Previndo a próxima abstención obrigada polo calendario relixioso, a atención diríxese á tenreira e á galiña, pero sobre todo ao porco: o lacón, os chourizos e as cacheiras (cabezas de porco salgadas, características desta época), o morro e as orellas, que xunto cos grelos (nome específico que reciben en Galicia as follas do nabo) e as patacas acompañadas de fabas ou garavanzos, compoñen o famoso cocido galego, o prato máis típico destas datas pero tamén de todo o inverno.

O Entroido é tamén a época das filloas (tortas salgadas de fariña de trigo, preparadas con manteiga de porco, que se consumen co cocido ou após da comida), e en canto ás sobremesas, das orellas de fariña e anís