CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL ENTROIDO TRADICIONAL XENERAIS DA ULLA

Os oito concellos nos que está presente o Entroido rural e tradicional dos @XeneraisdaUlla convocan este concurso fotográfico dixital co obxectivo de fomentar a participación e dinamización desta festa, un dos recursos etnográficos máis importantes da bisbarra e declarado Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2013.

 As fotografías deberán representar o entroido de calquera dos oito concellos que participan neste evento: Boqueixón, A Estrada, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

O concurso premiará as mellores instantáneas, as máis divertidas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera momento da celebración desta tradición. As fotos deben reflectir a idiosincrasia deste Entroido tradicional, tendo en conta os diversos elementos que o conforman, como poden ser os Xenerais, Correos, Abandeirados, os Coros, etc., resaltando a perspectiva de xénero e idade dos participantes.

 Anímate a participar co teu móbil ou coa túa cámara de fotos e comparte a túa experiencia nesta festa!

BASES

PARTICIPANTES

  1. Poderá participar calquera persoa maior de idade de calquera nacionalidade con fotos propias, do presente ou do pasado, orixinais e tomadas con dispositivo móbil ou cámaras fotográficas.

IMAXES A CONCURSO

  1. As fotografías deben estar realizadas nalgún punto dos termos municipais dos oito concellos que conforman o Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla, con plena liberdade para editalas como prefiran os e as concursantes. A temática é libre, sempre que estea vinculada directamente co dito Entroido e cos valores turísticos, naturais, socioculturais ou ambientais dos concellos implicados.
  1. As fotografías non poderán ser contrarias á lei, á protección da infancia, á dignidade da muller, á honra, á intimidade ou á propia imaxe de persoas ou entidades. Neste sentido, e sen prexuízo da exclusiva responsabilidade da persoa autora das fotografías, a organización do concurso resérvase o dereito de retirar e/ou denegar a participación neste concurso daquelas fotografías sobre as que se constate, ou razoablemente sospéitese, que incumpre este requisito.

SISTEMA DE PARTICIPACIÓN

 

  1. Cada participante poderá presentar ata un máximo de cinco fotografías.
  1. As imaxes serán enviadas ao seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

No propio correo a persoa participante deberá achegar información sobre os seus datos de contacto (nome e apelidos -ou sobrenome - e teléfono), así como un texto resumo onde explique o título da obra, o elemento, actividade ou lugar fotografado.

  1. Datas de recepción das imaxes: Desde o 8 de febreiro ata o 7 marzo 2020 (ata as 23:59h.) coincidindo coa finalización do Entroido Rural Tradicional dos Xenerais da Ulla nos oito concellos.

Calendario: http://xeneraisdaulla.com/index.php/gl/calendario

 

VOTACIÓNS, ELECCIÓN DE GAÑADORES/AS E PREMIOS

  1. Modo de votación. A organización creará unha galería de imaxes con todas as fotografías presentadas por estrita orde de recepción.
  1. 8. Data e lugar de publicación da galería de imaxes: 8 de marzo de 2020 no Facebook: @xeneraisdaulla.entroido (día seguinte de finalización do período de recepción das imaxes).
  1. Período de votacións: do 8 ao 13 de marzo 2020 ás 00.00 hrs. A partir da publicación no Facebook, abrirase un período de votacións de 5 días para elixir as imaxes premiadas que se corresponderán coas 8 fotografías que reciban máis Gústame.
  1. 10. Datas de publicación das imaxes premiadas: A organización publicará as imaxes premiadas nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram nos días seguintes á finalización do prazo de votacións.
  1. Os oito premios serán conformados polas seguintes achegas dos Concellos:

A Estrada: Cea para dúas persoas  nun restaurante da súa elección no concello da Estrada.

Boqueixón: Cea para dúas persoas  nun restaurante da súa elección no concello do Boqueixón.  

Santiago de Compostela: Lote de produtos gastronómicos en ultramarinos de Santiago de Compostela.

Silleda: Tricorne feito de pastelería artística  (8 racións aprox)  en A Bandeira – Silleda.

Teo: Lote de produtos do Mercado de Alimento Labrego de Teo.

Touro: Lote de produtos de Touro (queixo Bama, mel Pingas d’ouro, iogur Gurgur, rosquillas Teresa e rosquillas de Bama.

Vedra: Un lote de produtos locais: viños da D.O. Rías Baixas Subzona Ribeira do Ulla, Augardente e licores, Vermú, queixo, doces tradicionais do concello de Vedra.

Vila de Cruces: Cea para dúas persoas  nun restaurante da súa elección no concello de Vila de Cruces. 

  1. As persoas premiadas escollerán o premio da súa preferencia por orde de máis Gústame. A organización encargarase de xestionar a elección e entrega de ditos premios.
  1. 13. Todas as persoas participantes polo mero feito de presentarse a este concurso fotográfico autorizan o uso das súas imaxes e os textos que as acompañan nas publicacións ou reproducións, que fagan referencia exclusivamente á difusión do propio concurso o cal non impedirá que os autores conserven os seus Dereitos de Propiedade Intelectual de acordo coa lei 11.723 e responsabilízanse do cumprimento das disposicións legais en materia da devandita lei e do dereito á propia imaxe, sendo responsables de que a difusión, reprodución ou edición da obra no marco do presente concurso non lesione dereito algún de terceiros.
  1. O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.
  1. 15. Os datos facilitados serán tratados de forma confidencial, de conformidade coa Lei de Protección de Datos (15/1999).
  1. 16. En relación a Facebook, as persoas participantes exoneran a esta rede social de calquera responsabilidade derivada do presente concurso e garanten que aceptan as súas condicións Legais, políticas de privacidade ou de calquera outro tipo aplicables por dita rede social, as cales poden ser diferentes ás presentes