AVISO IMPORTANTE

As entidades organizadoras dos Entroidos dos Xenerais da Ulla suspenden a programación do Entroido 2021.

 

Dende os 8 concellos para a promoción conxunta do Entroido Rural Tradicional dos Xenerais da Ulla informamos que con motivo da actual situación sanitaria provocada pola COVID-19, as entidades organizadoras dos entroidos dos Xenerais da Ulla suspenden a programación presencial das súas celebracións nos diversos lugares e parroquias. Adoptan esta medida ante a imposibilidade de desenvolver estes entroidos no seu formato habitual. Ao tempo é un acto de responsabilidade priorizando a saúde e seguridade de todas as persoas.

Así mesmo, informamos que se desenvolverán diversas actividades virtuais e en pequeno formato coa finalidade de manter vivo o espírito do entroido da Ulla. Para saber máis poden visitar a web www.xeneraisdaulla.gal e as súas redes sociais.

A Estrada: Santa Cristina de Vea, Entroido Municipal, Arnois, Santeles.
Boqueixón: Sergude, Lestedo.
Santiago de Compostela: Castiñeiriño, Marrozos, Angrois, O Eixo, Aríns.
Silleda: Lamela, Bandeira.
Teo: Rarís, Reis, Santa María de Teo, Cacheiras, Oza, Recesende.
Touro: Bama, Fao, Feira do 5.
Vedra: Vilanova, Trobe, San Xián de Sales.
Vila de Cruces: Merza, Piloño, Salgueiros.

 

Xenerais da Ulla

 

A bisbarra natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuñas desde mediados do s. XIX.

As personaxes máis importates son os Xenerais e Correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.

Rematan escenificando un atranque (ou alto), enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

Dunha parroquia a outra o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.

Xenerais e Correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.

 

VER CALENDARIO

DESCARGAR FOLLETO